■ Axustes de configuración
Antes de utilizar a mensaxería multimedia, o correo electrónico, a sincronización, 
a transmisión por secuencias e o navegador, cómpre dispoñer dos axustes de 
configuración axeitados no dispositivo. O dispositivo pode configurar 
automaticamente os axustes do navegador, da mensaxería multimedia, do punto 
de acceso e da transmisión por secuencia segundo a tarxeta SIM que utilice. No 
caso contrario, pode utilizar a aplicación do asistente de Axustes para configurar 
os axustes. É posible recibir os axustes directamente como unha mensaxe de 
configuración, que pode gardar no dispositivo. Para obter máis información acerca 
da dispoñibilidade, contacte co seu fornecedor de servizos ou co seu distribuidor 
autorizado de Nokia máis próximo.
13
O d i s p o s i t i v o
Cando recibe unha mensaxe de configuración e os axustes non se gardan e activan 
automaticamente, amósase na pantalla 
1 mensaxe nova
. Para gardar os axustes,
seleccione
Amosar
>
Opcións
>
Gardar
. É posible que teña que inserir o código
PIN obtido do seu fornecedor de servizos.