Nokia 5630 XpressMusic - Carga de USB

background image

Carga de USB

Pode utilizar a carga de USB cando non estea dispoñible un enchufe de parede.
Coa carga de USB, tamén pode transferir os datos mentres carga o dispositivo.
A carga mediante USB pode ser máis lenta que a carga mediante un enchufe de
parede. É posible que a carga non se poida efectuar se se emprega un
concentrador USB. Os concentradores USB poden non resultar compatibles para
a carga de dispositivos USB.

1. Conecte un cable USB compatible entre un dispositivo USB compatible e o seu

dispositivo. Dependendo do tipo de dispositivo que se utilice para a carga,
é posible que a carga tarde uns intres en iniciarse.

2. Se o dispositivo está acendido, poderá seleccionar unha das opcións do modo

USB na pantalla do dispositivo.