■ Imaxes
Seleccione >
Galería
>
Imaxes
e unha das seguintes opcións:
•
Capturados
- permite amosar todas as fotos e vídeos que tomou.
•
Meses
- permite amosar fotos e vídeos clasificados en categorías segundo o
mes no que se tomaron.
•
Álbums
- permite amosar os álbums predeterminados e os que creou.
•
Etiquetas
- permite amosar as etiquetas que creou para cada elemento.
•
Descargas
- permite amosar elementos e vídeos descargados dende a web ou
recibidos vía MMS ou correo electrónico.
•
Todos
- permite ver todos os elementos.
Para capturar un ficheiro, prema a tecla de desprazamento. Os videoclips ábrense
e reprodúcense en
RealPlayer
.
47
G a l e r í a
Para copiar ou mover ficheiros a outra localización da memoria, seleccione un
ficheiro,
Opcións
>
Mover e copiar
e unha das opcións dispoñibles.
As imaxes e os videoclips tamén se poden enviar nunha mensaxe multimedia, nun
ficheiro adxunto de correo electrónico ou por medio dunha conectividade
Bluetooth. Para poder ver unha imaxe ou videoclip recibido en
Imaxes
, primeiro
cómpre gardalo.
Os ficheiros de imaxes e videoclips están nun bucle e ordenados por data e hora.
Amósase o número de ficheiros. Para buscar os ficheiros un a un, desprácese á
esquerda ou á dereita. Para buscar os ficheiros en grupos, desprácese cara arriba
ou abaixo.
Para abrir un ficheiro, prema a tecla de desprazamento. Cando se abre unha
imaxe, para ampliala, prema as teclas de zoom situadas debaixo da tapa. O nivel
de zoom non se almacena permanentemente.
Para editar un videoclip ou unha imaxe, seleccione
Opcións
>
Editar
.