11. Ficheiros multimedia domésticos
O dispositivo é compatible coa arquitectura Universal Plug and Play (UPnP). Se se 
utiliza un dispositivo de punto de acceso LAN (WLAN) sen fíos ou un router WLAN, 
poderá crear unha rede doméstica e conectar dispositivos UPnP compatibles que 
admitan WLAN na rede, como o seu dispositivo, un ordenador compatible, unha 
impresora compatible e un sistema de son ou televisor compatible equipado cun 
receptor multimedia sen fíos compatible. 
O uso da función WLAN do dispositivo nunha rede doméstica require a 
configuración dunha conexión doméstica WLAN e que os outros dispositivos 
domésticos estean habilitados para UPnP e conectados á mesma rede doméstica.
A rede doméstica utiliza os axustes de seguridade da conexión WLAN. Utilice a 
función de rede doméstica nunha rede de infraestrutura WLAN cun dispositivo de 
punto de acceso WLAN e habilitado para o cifrado.
É posible compartir ficheiros multimedia gardados na Galería con outros 
dispositivos UPnP por medio da rede doméstica. Para definir os axustes da rede 
doméstica, seleccione 
>
Medios dom.
>
Axustes
. Tamén pode utilizar a rede
doméstica para ver, reproducir, copiar ou imprimir ficheiros multimedia 
compatibles dende 
Galería
.
49
F i c h e i r o s m u l t i m e d i a d o m é s t i c o s
Importante: Active sempre un dos métodos de cifrado dispoñibles para 
aumentar a seguridade da conexión WLAN. A utilización do cifrado 
reduce o risco de que accedan de xeito non autorizado aos seus datos. 
O seu dispositivo conectarase á rede doméstica só se acepta a solicitude de 
conexión dende outro dispositivo compatible ou en 
Galería
, visualiza, reproduce,
imprime ou copia ficheiros multimedia no seu dispositivo ou busca outros 
dispositivos no cartafol 
Medios dom.
.