Nokia 5630 XpressMusic - 12. Cámara

background image

12. Cámara

O dispositivo dispón de dúas cámaras para capturar imaxes e gravar videoclips.
Existe unha cámara principal de alta resolución na parte posterior do dispositivo e
unha cámara secundaria dunha resolución inferior na parte frontal do mesmo.

O dispositivo admite unha resolución de captura de imaxes de 2.048 x 1.536 píxeles
utilizando a cámara principal. A resolución de imaxe amosada nesta guía pode ter un
aspecto diferente.

background image

51

C á m a r a

As imaxes e videoclips gárdanse nos cartafoles correspondentes da Galería.

É posible enviar imaxes e videoclips en mensaxes multimedia, como ficheiros
adxuntos de correo electrónico ou mediante a conectividade Bluetooth. Tamén
pode cargalos a un álbum en liña compatible.