
Axustes da cámara de imaxes fixas
Para cambiar os axustes principais, seleccione
Opcións
>
Axustes
.
Para axustar a resolución da imaxe (só dispoñible na cámara principal), seleccione
Calidade de imaxe
. Canto mellor sexa a calidade da imaxe, máis memoria ocupará.
Para imprimir a imaxe, seleccione
Impresión 3M - Gran.
, ou
Impresión 2M - Med.
.
Para enviar a imaxe mediante unha mensaxe multimedia (MMS), seleccione
MMS 0,3M - Pequena
.
Para seleccionar se desexa ver a imaxe despois de ser capturada ou continuar
capturando imaxes inmediatamente, seleccione
Mostrar imaxe capturada
.
Para permitir que os incrementos do zoom sexan máis suaves e continuos entre o
zoom dixital e o zoom dixital ampliado, seleccione
Zoom dixital ampliado
>
Activar (continuo)
(só cámara principal). Para permitir inserir unha pausa nos
incrementos do zoom no punto de paso dixital e no punto de paso dixital

56
M u l t i m e d i a
ampliado, seleccione
Activar (pausado)
. Para limitar o zoom a onde se mantén a
calidade da imaxe seleccionada, seleccione
Desactivar
.
Para restablecer os valores predeterminados dos axustes da cámara, seleccione
Restab. axust. cámara
.