Barra de ferramentas activa
A barra de ferramentas activa dispón de accesos directos a elementos diferentes e
axustes antes de capturar imaxes ou gravar vídeos. Desprácese ata as iconas e
seleccióneas mediante a tecla de desprazamento.
Se desexa que a barra de ferramentas activa estea visible antes e despois de
capturar unha imaxe ou gravar un vídeo, seleccione
Opcións
>
Mostrar barra
52
C á m a r a
de ferram.
. Para ver a barra de ferramentas activa só durante 5 segundos cando
prema a tecla de desprazamento, seleccione
Opcións
>
Ocultar barra ferram.
.
Na barra de ferramentas activa, seleccione unha das seguintes opcións:
Cambiar a modo vídeo
(
Cambiar a modo imaxe
): permite cambiar entre os
modos de vídeo e de imaxe.
Modos escena
: permite seleccionar a escena.
Modo flash
: permite seleccionar o modo de flash (soamente imaxes). Para
activar o modo de redución de ollos vermellos, seleccione
Ollos verm.
. Evite
capturar imaxes ou ampliar imaxes ata moi preto do obxecto. É posible que non se
amose a redución de ollos vermellos ata que a imaxe se garde na Galería.
Manteña unha distancia de seguridade cando utilice o flash. Non utilice o flash para tomar
imaxes de persoas ou animais situados a pouca distancia. Non cubra o flash durante a toma
de imaxes.
Temporizador automático
: permite activar o temporizador automático (só na
cámara principal). Seleccione o retraso do temporizador automático e, para
activar o temporizador automático, seleccione
Activar
.
Modo de secuencia
: permite activar o modo de secuencia (só imaxes).
Consulte “Capturar imaxes en secuencia” p.53.
Ir á Galería
: permite abrir a Galería
Para utilizar o modo panorama, seleccione
Opcións
>
Modo panorama
.
indica
o modo panorama. Prema a tecla da cámara para comezar a captura dunha imaxe
de panorámica. Xire lentamente á dereita ou á esquerda. Non se pode cambiar a
dirección. Para deter a captura de imaxes panorámicas, prema a tecla da cámara
de novo. Esta opción só está dispoñible na cámara principal.
Para personalizar a barra de ferramentas, seleccione
Opcións
>
Personaliz. barra
ferram.
. É posible eliminar, cambiar, engadir e mover elementos da barra de
ferramentas.
As opcións dispoñibles varían segundo o modo de captura e a vista na que se
atope.
Os axustes de configuración volven aos seus valores predeterminados cando
pecha a cámara.
Se selecciona unha nova escena, os axustes de cor e de luz substituiranse polos da
escena seleccionada. Consulte “Escenas” p. 54. Pode cambiar os axustes de
configuración, se é preciso, despois de seleccionar unha escena.
53
C á m a r a