Capturar imaxes en secuencia
É posible axustar a cámara principal para capturar seis imaxes ou máis nunha
secuencia. Na barra de ferramentas activa, seleccione
Modo de secuencia
>
Refacho
. Para capturar unha imaxe, prema a tecla da cámara. Para capturar máis
de seis imaxes, manteña premida a tecla da cámara. O número de imaxes
capturadas depende da memoria dispoñible.
Para utilizar un intervalo de tempo entre as imaxes capturadas, seleccione
Modo de secuencia
e un intervalo de tempo. Para iniciar a captura de imaxes,
prema a tecla da cámara. Para deter a captura de imaxes antes de que o tempo
finalice, prema de novo a tecla da cámara.
Despois de capturar as imaxes, amósanse nunha cuadrícula na pantalla. Para ver
unha imaxe, prema a tecla de desprazamento e ábraa.
Tamén pode utilizar o modo de secuencia para capturar ata seis imaxes mediante
o temporizador automático.
Para volver ao visor do modo de secuencia, prema a tecla da cámara.
Para desactivar o modo de secuencia, seleccione na barra de ferramentas activa
Modo de secuencia
>
Foto única
.
54
C á m a r a