
Escenas
As escenas axúdanlle a atopar os axustes de luz e cor axeitados para o contorno.
Os axustes de cada escena establecéronse de acordo cun estilo ou ambiente
determinado. As escenas só están dispoñibles na cámara principal.
Seleccione a imaxe ou modo de vídeo e, na barra de ferramentas activa, seleccione
Modos escena
e unha escena dispoñible para a imaxe ou o modo de vídeo.
Para crear a súa propia escena para un entorno determinado, desprácese ata
Def.
usuario
e seleccione
Opcións
>
Cambiar
. Para copiar os axustes doutra escena,
seleccione
Baseado no modo escena
e a escena que desexe.