Nokia 5630 XpressMusic - Gravación de vídeos

background image

Gravación de vídeos

1. Para activar a cámara principal, prema a tecla da cámara. Se a cámara está no

modo de imaxe, cambie ao modo de vídeo. Na barra de ferramentas activa,
seleccione

Cambiar a modo vídeo

. A icona

indica que o dispositivo se

atopa no modo de vídeo.

Para activar a cámara secundaria, seleccione

Opcións

>

Usar cámara

secundaria

.

2. Prema a tecla da cámara para iniciar a gravación. Coa cámara secundaria,

prema a tecla de desprazamento para gravar. Amosarase o símbolo

e

escoitarase un son que indicará que a gravación comezou.

Para achegarse ou afastarse dos obxectos co zoom na cámara principal, prema
as teclas de volume ou desprácese cara a arriba ou cara a abaixo mediante a
cámara secundaria.

3. Para deter a gravación, seleccione

Deter

. O videoclip gárdase

automaticamente no cartafol Videoclips na Galería. Consulte “Galería” p. 46.
A lonxitude máxima do videoclip depende da memoria dispoñible.

Para inserir unha pausa na gravación en calquera momento, seleccione

Pausa

.

A gravación dun vídeo detense automaticamente se se axusta en pausa e non se
preme ningunha tecla nun período dun minuto. Seleccione

Continuar

para

continuar coa gravación.

Para realizar axustes de cor e luz antes de gravar un vídeo, seleccióneos nos
axustes da barra de ferramentas activa. Consulte “Barra de ferramentas activa” na
p. 51 e “Escenas” na p. 54.

background image

55

C á m a r a