Minimapa
O Minimapa axúdalle a navegar por páxinas web que conteñen unha gran 
cantidade de información. Se o Minimapa está activado nos axustes do navegador 
e se despraza por unha páxina web grande, o Minimapa ábrese e amosa unha 
descrición xeral da páxina web pola que navega. Para moverse polo Minimapa, 
desprácese. Cando detén o desprazamento, o Minimapa desaparece e amósase 
a zona marcada no Minimapa.