
■ Perfís
En Perfís, é posible axustar e personalizar os tons do dispositivo para diferentes
eventos, ambientes ou grupos de chamada. Pode ver o perfil seleccionado na parte
superior da pantalla no modo en espera. Se se está a utilizar o perfil
Xeral
, só se
amosa a data actual.
Seleccione >
Axustes
>
Perfís
.
Para activar o perfil, seleccióneo e
Activar
.
Consello: Para cambiar rapidamente ao perfil de silencio dende calquera
outro perfil, manteña premido no modo en espera #.
Para personalizar un perfil, escóllao, seleccione
Personalizar
e os axustes que
desexe.
Para establecer que o perfil estea activo ata unha hora determinada dentro
das 24 horas seguintes, seleccione
Temporizado
e a hora.
Consulte tamén “Perfil Desconectado” p. 15.