■ Licenzas
Xestión dos dereitos dixitais
É posible que os propietarios de contidos utilicen diferentes tipos de tecnoloxías de xestión 
de dereitos dixitais (DRM) para protexer a súa propiedade intelectual, incluídos os dereitos 
de autor. Este dispositivo utiliza varios tipos de software DRM para acceder a contido 
protexido mediante DRM. Con este dispositivo pode acceder a contido protexido mediante 
WMDRM, OMA DRM 1.0 e OMA DRM 2.0. Se un determinado software DRM non protexe o 
contido, é posible que os propietarios do contido soliciten que se anule a capacidade do 
mencionado software de acceder a novos contidos protexidos mediante DRM. Esta 
anulación pode tamén impedir a renovación do contido protexido que xa se atope no 
dispositivo, mediante DRM. Esta anulación non afectará ao uso de contido protexido con 
outros tipos de DRM ou ao uso de contido non protexido mediante DRM.
Os contidos protexidos mediante xestión dos dereitos dixitais (DRM) subminístranse cunha 
clave de activación asociada que define os seus dereitos para utilizar o contido.
Se o seu dispositivo dispón de contido protexido mediante OMA DRM, para facer unha copia 
de seguridade das licenzas e do contido, utilice a función de copia de seguridade de Nokia PC 
Suite. É posible que outros métodos de transferencia non transfiran as licenzas que é 
necesario recuperar co contido para que poida continuar utilizando o contido protexido 
mediante OMA DRM despois de formatar a memoria do dispositivo. Tamén é posible que 
teña que recuperar as licenzas no caso de que se danen os ficheiros do seu dispositivo.
Se o dispositivo dispón de contido protexido mediante WMDRM, perderanse tanto as 
licenzas como o contido se se formata a memoria do dispositivo. Tamén é posible que perda 
as licenzas e o contido se se danan os ficheiros do dispositivo. A perda das licenzas ou do 
contido pode limitar a súa capacidade para utilizar o mesmo contido no seu dispositivo de 
novo. Para obter máis información, póñase en contacto co seu fornecedor de servizos.
É posible que algunhas licenzas estean ligadas a tarxetas SIM específicas e que só poida 
acceder ao contido protexido se a tarxeta SIM se atopa inserida no dispositivo.
Para ver as licenzas gardadas no dispositivo, seleccione
>
Axustes
>
Xest. datos
>
Licenzas
.
70
X e s t i ó n d e d a t o s
Para ver as licenzas válidas que están conectadas con un ou máis ficheiros 
multimedia, seleccione 
Licenzas válidas
. As licenzas de grupos, que inclúen varias
licenzas, indícanse mediante
. Para ver as licenzas contidas nunha licenza de
grupo, seleccione a licenza de grupo.
Para ver as licenzas non válidas para as que o período de tempo de utilización 
caducou, seleccione 
Licen. non válid.
. Para adquirir máis tempo de utilización ou
ampliar o período de uso dun ficheiro multimedia, seleccione unha licenza non 
válida 
Opcións
>
Obter nova licenza
. É posible que non se lle permita actualizar
licenzas se ten desactivado o servizo de recepción de mensaxes.
Para ver as licenzas que non se utilizan, seleccione
Non en uso
. As licenzas que
non se utilizan non dispoñen de ficheiros multimedia conectados a elas.
Para ver información detallada, como por exemplo o estado de validez e a 
capacidade para enviar o ficheiro, desprácese ata unha licenza e selecciónea.