■ conectividade Bluetooth
A tecnoloxía sen fíos Bluetooth permite conexións sen fíos entre dispositivos 
electrónicos nunha zona de cobertura de 10 metros.
Este dispositivo cumpre coa Especificación Bluetooth 2.0 que admite os seguintes perfís: 
Advanced Audio Distribution, Audio/Video Remote Control, Basic Imaging, Device 
Identification, Dial - Up Networking, File Transfer, Hands-free, Headset, Object Push, Serial 
Port, SIM Access, Phone Book Access, Generic Audio/Video Distribution, Generic Access e 
Generic Object Exchange. Para asegurar a interoperabilidade con outros dispositivos que 
dispoñan de tecnoloxía Bluetooth, utilice accesorios Nokia homologados para este modelo. 
73
C o n e c t i v i d a d e
Póñase en contacto cos fabricantes dos outros dispositivos para obter información sobre 
a compatibilidade con este dispositivo.
As funcións que utilizan a tecnoloxía Bluetooth aumentan o consumo de enerxía e reducen 
a duración da batería. 
Non acepte conexións Bluetooth de fontes non fiables.
Unha conexión Bluetooth desconéctase automaticamente tras enviar ou recibir 
datos.