Nokia 5630 XpressMusic - Axustes de conexión Bluetooth

background image

Axustes de conexión Bluetooth

Seleccione >

Axustes

>

Conectivid.

>

Bluetooth

.

Bluetooth

: permite activar ou desactivar a conexión Bluetooth

Visibilid. do meu teléfono

>

Amosado a todos

: permite que outros dispositivos con

tecnoloxía sen fíos Bluetooth atopen sempre o seu. Para permitir que outros
dispositivos atopen o seu durante un período de tempo concreto, seleccione

Definir período

. Debido a razóns de seguridade, aconséllase utilizar o axuste

Oculto

sempre que sexa posible.

Nome do meu teléfono

: permite definir un nome para o seu dispositivo

Modo SIM remota

>

Activado

: permite activar outro dispositivo, por exemplo, un

kit de coche, para utilizar a tarxeta SIM do dispositivo mediante a tecnoloxía
Bluetooth (perfil de acceso á SIM)

Se o dispositivo sen fíos está en modo SIM remoto, só poderá utilizar un accesorio conectado
compatible, coma un kit de automóbil, para efectuar ou recibir chamadas. O dispositivo sen
fíos non efectuará ningunha chamada, excepto aos números de emerxencia programados no
dispositivo, cando se atope en modo SIM remoto. Para efectuar chamadas dende o
dispositivo, primeiro deberá abandonar o modo SIM remoto. Se se bloqueou o dispositivo,
primeiro insira o código de bloqueo para desbloquealo.