Vincular e bloquear dispositivos
Para abrir unha lista de dispositivos vinculados, na vista de Bluetooth, desprácese
á dereita ata
Disposit. vinculados
.
Para vincular un dispositivo, seleccione
Opcións
>
Novo disposit. vinculado
,
seleccione o dispositivo co que se desexa vincular e intercambie os códigos de
acceso.
Para cancelar a vinculación, desprácese ata o dispositivo cuxa vinculación desexa
cancelar e prema a tecla Borrar. Se desexa cancelar todas as vinculacións,
seleccione
Opcións
>
Borrar todos
.
Para establecer a autorización para un dispositivo, desprácese ata el e seleccione
Opcións
>
Fixar como autorizado
. As conexións entre o seu dispositivo e un
dispositivo autorizado pódense realizar sen o seu coñecemento. Utilice este
estado só para os seus propios dispositivos aos que ninguén máis teña acceso, por
exemplo, o seu ordenador ou dispositivos que pertenzan a alguén en quen confía.
engádese xunto aos dispositivos autorizados na vista de dispositivos
vinculados.
Para bloquear as conexións dende un dispositivo, na vista de dispositivos
vinculados, seleccione o dispositivo e
Bloquear
.
Para ver unha lista de dispositivos bloqueados, desprácese á dereita ata
Dispositivos bloq.
. Para desbloquear un dispositivo, desprácese ata el e seleccione
Borrar
.