■ Transferencia de datos
Coas transferencias de datos é posible copiar ou sincronizar contactos, entradas 
de calendario e pode que outro tipo de datos como, por exemplo, videoclips e 
imaxes, dende un dispositivo compatible a través dunha conexión Bluetooth.
Dependendo do outro dispositivo, é posible que a sincronización non se poida 
realizar e que os datos só se poidan copiar unha vez.
1. Para transferir ou sincronizar datos, seleccione
>
Axustes
>
Conectivid.
>
Cambio
.
Se non utilizou a opción Cambio antes, amosarase a información acerca da 
aplicación. Para iniciar a transferencia de datos, seleccione 
Continuar
.
Se utilizou a opción Cambio, seleccione a icona
Iniciar sincron.
,
Iniciar recuper.
ou
Inicia o envío
.
2. Para utilizar a tecnoloxía Bluetooth, cómpre vincular os dispositivos para
transferir os datos.
Dependendo do tipo do outro dispositivo, é posible que unha aplicación se 
envíe e se instale no outro dispositivo para activar a transferencia de datos. 
Siga as instrucións.
3. Seleccione o contido que desexa transferir ao seu dispositivo.
4. O contido transfírese ao seu dispositivo. O tempo da transferencia depende da
cantidade de datos. É posible deter a transferencia e continuar máis tarde.