Coidado e mantemento
O dispositivo é un produto que dispón dun deseño e artesanía superiores e debe ser tratado
con coidado. As seguintes suxestións axudaranlle a conservar a cobertura da garantía.
•
Manteña o dispositivo seco. As precipitacións, a humidade e todos os tipos de líquidos
poden conter minerais que produzan a corrosión dos circuítos electrónicos. Se o
dispositivo entra en contacto coa auga, retire a batería e agarde a que o dispositivo se
seque completamente antes de volver a colocala.
•
Non utilice nin almacene o dispositivo en lugares sucios e poeirentos, xa que poderían
producirse danos nas súas pezas móbiles e nos compoñentes electrónicos.
•
Non garde o dispositivo en lugares cálidos. As temperaturas elevadas poden reducir
a vida útil dos dispositivos electrónicos, danar as baterías e deformar ou derreter
determinados plásticos.
•
Non garde o dispositivo en lugares fríos. Cando o dispositivo regrese á súa temperatura
normal, é posible que se forme humidade no interior do mesmo e que se produzan danos
nas placas dos circuítos electrónicos.
•
Non intente abrir o dispositivo dun xeito distinto ao indicado nesta guía.
•
Non deixe caer, golpee nin axite o dispositivo. Un manexo brusco pode producir a rotura
das placas dos circuítos e do mecanismo interno.
•
Non utilice produtos químicos agresivos, disolventes de limpeza nin deterxentes
concentrados para limpar o dispositivo.
•
Non pinte o dispositivo. A pintura pode atascar as pezas móbiles e impedir o
funcionamento axeitado.
•
Utilice un pano seco, suave e limpo para limpar os obxectivos da cámara, do sensor de
proximidade e do sensor de luz.
•
Utilice unicamente a antena de reposto fornecida ou unha autorizada polo fabricante.
A utilización de antenas, modificacións ou accesorios non autorizados pode danar o
dispositivo e infrinxir a lexislación que regula o uso de dispositivos de radio.
•
Utilice os cargadores en lugares interiores.
•
Cree sempre unha copia de seguridade dos datos que desexe manter, coma os contactos
e as notas do calendario.
•
Para reiniciar o dispositivo de vez en cando para obter un rendemento óptimo, apague o
dispositivo e retire a batería.
As suxestións indicadas a continuación, aplícanse igualmente ao dispositivo, á batería, ao
cargador ou a calquera accesorio. Se o dispositivo non funciona correctamente, envíeo ao
centro de servizo técnico autorizado máis próximo.
79
I n f o r m a c i ó n a d i c i o n a l d e s e g u r i d a d e
Como desfacerse da unidade
símbolo do contedor con rodas riscado cun "x" no produto, as instrucións ou
a embalaxe lémbralle que todos os produtos eléctricos e electrónicos, as baterías e
os acumuladores se deben refugar por separado ao final da súa vida útil. Este
requisito aplícase á Unión Europea e a outros lugares nos que se atopen dispoñibles
sistemas de recollida selectiva. Non se desfaga deste produto do mesmo xeito que
dos residuos domésticos normais.
Mediante a entrega dos produtos para a súa recollida, axudará a evitar a eliminación
incontrolada de residuos e contribuirá á reutilización de recursos materiais. Se
desexa obter información detallada, póñase en contacto co fornecedor do produto,
coa autoridade local na materia, con organizacións de produción responsable a nivel
nacional ou co seu representante local de Nokia. Para obter información sobre
a declaración Eco do produto ou instrucións para devolver un produto obsoleto,
consulte a información específica de cada país na páxina web www.nokia.com.