Nokia 5630 XpressMusic - Información adicional de seguridade

background image

Información adicional de seguridade

Nenos

É posible que o dispositivo e os seus accesorios conteñan pezas pequenas. Mantéñaos fóra
do alcance dos nenos.

Entorno operativo

Este dispositivo cumpre coas directrices de exposición a radiofrecuencia cando se emprega
na posición normal de uso no oído ou cando se coloca polo menos a 2,2 centímetros do
corpo. Se se utiliza unha funda de transporte, unha pinza para o cinto ou un soporte para
utilizar o produto pegado ao corpo, estes non deberán conter ningunha peza de metal e
deberá colocar o dispositivo á distancia indicada anteriormente.Para transmitir ficheiros de
datos ou mensaxes, o dispositivo require unha conexión de calidade á rede. Nalgúns casos,
a transmisión de ficheiros de datos ou mensaxes pode retrasarse ata que estea dispoñible
a conexión. Asegúrese de respectar as instrucións sobre a distancia de separación indicadas
anteriormente ata completar a transmisión.

Existen partes do dispositivo que son magnéticas. É posible que os materiais metálicos sexan
atraídos polo dispositivo. Non coloque tarxetas de crédito nin outros soportes de
almacenaxe magnéticos preto do dispositivo, xa que é posible que se elimine a información
almacenada neles.

Dispositivos médicos

A utilización de calquera equipo de transmisión por radio, incluídos os teléfonos sen fíos,
pode producir interferencias no funcionamento de dispositivos médicos incorrectamente
protexidos. Póñase en contacto cun médico ou co fabricante do dispositivo para determinar
se se atopa axeitadamente protexido da enerxía de radiofrecuencia externa ou se desexa

background image

80

I n f o r m a c i ó n a d i c i o n a l d e s e g u r i d a d e

efectuar algunha pregunta. Apague o dispositivo en centros de atención médica cando así o
esixan as normativas de mesmo. É posible que os hospitais ou os centros de atención médica
utilicen equipos que poidan resultar sensibles á enerxía de radiofrecuencia externa.

Dispositivos médicos implantados

Os fabricantes de dispositivos médicos recomendan manter unha separación mínima de
15,3 centímetros (6 polgadas) entre o dispositivo sen fíos e os dispositivos médicos
implantados, como os marcapasos ou os desfibriladores cardioversores implantados, para
evitar posibles interferencias co dispositivo médico. As persoas que dispoñan dos
mencionados dispositivos deberán:

Manter sempre o dispositivo sen fíos a unha distancia de 15,3 centímetros (6 polgadas)
do dispositivo médico cando o dispositivo sen fíos se atope acendido.

Non transportar o dispositivo sen fíos no peto da camisa.

Utilizar o dispositivo sen fíos no oído situado no lado contrario ao dispositivo médico
para minimizar as posibles interferencias.

Apagar o dispositivo sen fíos inmediatamente se sospeita que se producen interferencias.

Lea e respecte as instrucións do fabricante do dispositivo médico implantado.

Se dispón dalgunha pregunta acerca da utilización do dispositivo sen fíos cun dispositivo
médico implantado, póñase en contacto co seu médico.

Audiófonos

É posible que algúns dispositivos sen fíos dixitais creen interferencias nalgúns audiófonos.
En tal caso, póñase en contacto co seu fornecedor de servizos.

Vehículos

Os sinais de radiofrecuencia poden afectar aos sistemas electrónicos incorrectamente
instalados ou protexidos dos vehículos, por exemplo, os sistemas de inxección de
combustible, os sistemas de ABS, os sistemas de control de velocidade electrónicos e os
sistemas de airbag. Para obter máis información, póñase en contacto co fabricante, ou un
representante deste, do vehículo ou dos equipos instalados no mesmo.

O dispositivo só deberá ser reparado ou instalado nun vehículo por parte de persoal
cualificado. Unha instalación ou reparación defectuosa pode resultar perigosa e pode
invalidar a garantía do dispositivo. Comprobe regularmente que todos os dispositivos sen
fíos do vehículo funcionen e estean montados correctamente. Non almacene nin transporte
líquidos inflamables, gases ou materiais explosivos no mesmo compartimento que o
dispositivo, os seus compoñentes ou dispositivos. Nos vehículos equipados con airbag,
recorde que estes despréganse con gran forza. Non coloque obxectos, incluídos os equipos
sen fíos instalados ou portátiles, sobre o airbag ou na zona onde se desprega o airbag. Se o
equipo sen fíos do vehículo se instala incorrectamente e o airbag se desprega, é posible que
se produzan lesións graves.

background image

81

I n f o r m a c i ó n a d i c i o n a l d e s e g u r i d a d e

Prohíbese o uso do seu dispositivo a bordo dunha aeronave. Apague o dispositivo antes de
embarcar nun voo. O uso de teledispositivos sen fíos nunha aeronave pode resultar perigoso
para o funcionamento do avión, interferir coa rede telefónica sen fíos e pode ser ilegal.

Zonas potencialmente explosivas

Apague o dispositivo en áreas onde poidan producirse explosións e obedeza todos os sinais e
instrucións. As zonas con potencial explosivo son aquelas nas que normalmente se
recomenda que apague o motor do vehículo. As chispas nestas áreas poden orixinar
explosións ou incendios e provocar danos persoais ou incluso a morte. Apague o dispositivo
nas gasolineiras, por exemplo, preto dos surtidores de combustible das estacións de servicio.
Respecte as restricións no uso de equipos de radio nos depósitos de combustible, áreas de
almacenaxe e distribución, plantas químicas e onde se realicen explosións. Con frecuencia as
zonas onde se poden producir explosións están claramente indicadas, pero non sempre.
Entre elas inclúense as áreas baixo cuberta dos barcos, instalacións de almacenaxe e
transporte de produtos químicos, e zonas onde o aire conteña elementos químicos ou
partículas coma gran, po ou partículas metálicas. Póñase en contacto cos fabricantes dos
vehículos que utilicen gas de petróleo licuado (como propano ou butano) para determinar se
o dispositivo se pode utilizar con seguridade preto deles.

Chamadas de emerxencia

Importante: Este dispositivo funciona con sinais de radio, redes sen fíos, redes
terrestres e funcións programadas polo usuario. Se o dispositivo admite chamadas
de voz a través da Internet (chamadas da Internet), active as chamadas da Internet
e o teléfono móbil. O dispositivo intentará efectuar as chamadas de emerxencia
a través das redes móbiles e do fornecedor de chamadas de Internet se se atopan
activadas ambos os dous. Non se pode garantir que a conexión funcione en todas
as condicións. Nunca dependa unicamente dun dispositivo móbil para efectuar
comunicacións importantes, coma urxencias médicas.

Para efectuar chamadas de emerxencia, faga o seguinte:

1. Se o dispositivo está apagado, acéndao. Comprobe que a intensidade do sinal é

a axeitada. En función do dispositivo, é posible que tamén necesite realizar o seguinte:

Insira unha tarxeta SIM se o dispositivo utiliza unha.

Elimine as restricións das chamadas que estean activadas no dispositivo.

Cambie o perfil Desconectado ou Voo a un perfil activo.

2. Prema a tecla Finalizar as veces necesarias para borrar a pantalla e preparar o dispositivo

para chamadas.

3. Insira o número de emerxencia da localidade na que se atope. Os números de emerxencia

poden variar en cada localidade.

4. Prema a tecla Chamar.

Cando realice unha chamada de emerxencia, facilite toda a información necesaria do xeito
máis preciso posible. É posible que o seu dispositivo sen fíos sexa o único medio de

background image

82

I n f o r m a c i ó n a d i c i o n a l d e s e g u r i d a d e

comunicación na escena dun accidente. Non finalice a chamada ata que reciba permiso para
facelo.

Información de certificación (SAR)

Este dispositivo móbil cumpre coas directrices de exposición ás ondas de radio.

O dispositivo móbil é un transmisor e receptor de radio. Está deseñado para non superar os
límites de exposición ás ondas de radiofrecuencia recomendadas polas directrices
internacionais. Estas normas foron desenvolvidas pola organización científicas
independente ICNIRP e inclúen marxes de seguridade deseñados para garantir a protección
a todas as persoas, independentemente da súa idade e estado de saúde.

As directrices de exposición para os dispositivos móbiles empregan unha unidade de
medición coñecida como o Índice de Absorción Específico ou SAR. O límite de SAR exposto
nas directrices de ICNIRP é de 2,0 watts/quilogramo calculado en aproximadamente
10 gramos de tecido. As probas para SAR lévanse a cabo utilizando posicións de
funcionamento estándar co dispositivo transmitindo no seu nivel de enerxía máis alto en
todas as bandas de frecuencia probadas. O nivel de SAR real dun dispositivo en
funcionamento pode estar por debaixo do valor máximo debido a que o dispositivo está
deseñado para empregar só a enerxía xusta para conectarse coa rede. A cantidade cambia
dependendo dun gran número de factores, como a que distancia se atopa dunha estación
base de rede. Segundo as directrices da ICNIRP, os valores de SAR máximos cando o
dispositivo foi probado para uso xunto ao oído son de 1,27 watts/quilogramo.

O uso de accesorios e melloras do dispositivo pode provocar a aparición de diferentes valores
de SAR. Os valores de SAR poden variar dependendo das necesidades de información e
probas nacionais e da banda de rede. Para obter máis información sobre SAR, consulte
a sección de información do produto na páxina web www.nokia.com.

background image

83