Axustes para a función de compartir vídeo
As conexións de persoa con persoa coñécense tamén co nome de conexión de
Protocolo de Iniciación de Sesión (SIP). Antes de utilizar a función de compartir
vídeo, consulte ao seu fornecedor de servizos o perfil SIP configurado que debe
utilizar no dispositivo.
Seleccione >
Axustes
>
Axustes
>
Conexión
>
Compartir vídeo
e unha das
seguintes opcións:
Compartir vídeo
: permite seleccionar se desexa activar a función de compartir
vídeo.
Perfil de SIP
: permite seleccionar un perfil SIP.
Gardar vídeo
: permite axustar se desexa gardar os vídeos en directo
automaticamente.
Memoria preferida
: permite seleccionar se desexa gardar os vídeos na memoria do
dispositivo ou nunha tarxeta de memoria.
Ton aviso capacidade
: permite establecer que soe un son de alerta cando durante
unha chamada está dispoñible a función de compartir vídeo.
Se coñece o enderezo SIP dun destinatario, pode gardalo en Contactos. Seleccione
>
Contactos
, o contacto e
Opcións
>
Editar
>
Opcións
>
Engadir detalle
>
SIP
ou
Compartir vídeo
. Insira o enderezo SIP (nomedeusuario@nomededominio).
É posible utilizar un enderezo IP en lugar dun nome de dominio.