Realizar unha chamada de marcado por voz
As etiquetas de voz son sensibles ao ruído de fondo. Utilice etiquetas de voz nun contorno 
silencioso.
Nota: A utilización de etiquetas de voz pode resultar difícil en contornos con ruído 
ou durante unha emerxencia, polo tanto, non debe confiar unicamente no 
marcado por voz en todas as circunstancias.
1. No modo en espera, manteña premida a tecla de selección dereita.
Se utiliza un auricular compatible coa tecla de auricular, mantéñaa premida .
2. Cando se amosa na pantalla a mensaxe
Fale agora
, pronuncie con claridade o
comando de voz. O dispositivo reproduce o comando de voz de maior 
coincidencia. Unha vez transcorridos 1,5 segundos, o dispositivo marca o 
número. Se o resultado non é o correcto, seleccione outra entrada antes de 
marcar.
23
F u n c i ó n s d e c h a m a d a