
■ Busca de música
Coa aplicación de busca de música, pode comezar a reproducir a música que
desexe dicindo o nome do artista, por exemplo.
A primeira vez que utilice a aplicación de busca de música e despois de descargar
cancións novas no seu dispositivo, seleccione
Opcións
>
Actualizar biblioteca
para
actualizar os comandos de voz.
Para iniciar a aplicación busca de música, manteña premida a tecla * . Tamén pode
iniciar a busca de música seleccionando
>
Música
>
Busca músic.
. Cando soe o
ton, diga o nome dun artista, o nome do artista e o título da canción, o título do
álbum ou o título da lista de reprodución. Sosteña o dispositivo a uns 20 cm da súa
boca e fale nun ton regular. Non cubra o micrófono localizado na parte inferior do
teclado do seu dispositivo.
Os comandos de voz baséanse nos metadatos (nome do artista e título da canción)
das cancións do seu dispositivo. A busca de música admite dous idiomas falados:
o inglés e o idioma que escollera como idioma do dispositivo. O idioma escrito dos
metadatos da canción deben coincidir co inglés ou co idioma do dispositivo
escollido.