
Directorios
Os directorios axudan a atopar episodios de podcasts aos que subscribirse.
Un episodio é un ficheiro multimedia determinado dun podcast.
Seleccione >
Música
>
Rep. música
>
Podcasts
>
Opcións
>
Ir a Podcasting
>
Directorios
. Seleccione un cartafol do directorio para actualizalo (servizo de rede).
Cando a cor da icona do cartafol cambia, seleccióneo para abrilo e seleccione un
tema do cartafol para ver a lista de podcasts.
Para subscribirse a un podcast, seleccione o título. Despois de subscribirse
a episodios dun podcast, pode descargar, xestionar e reproducilos no menú de
podcasts.
Para engadir un directorio ou cartafol novo, seleccione
Opcións
>
Novo
>
Directorio web
ou
Cartafol
. Seleccione un título, un URL do ficheiro .OPML
(linguaxe etiquetado do procesador de perfil) e
Feito
.

33
M ú s i c a
Para importar un ficheiro .OPML gardado no dispositivo, seleccione
Opcións
>
Importar ficheiro OPML
. Seleccione a localización do ficheiro e impórteo.
Cando reciba unha mensaxe cun ficheiro .OPML mediante a conectividade
Bluetooth, abra o ficheiro para gardalo no cartafol
Recibido
nos directorios. Abra o
cartafol para subscribirse a un das ligazóns para engadir os seus podcasts.