■ Radio FM
Para abrir a radio, seleccione
>
Música
>
Radio FM
>
Radio FM
. Para desactivar
a radio, seleccione
Saír
.
A primeira vez que abra a radio, un asistente axudaralle a gardar emisoras de radio 
locais (servizo de rede).
Para obter información sobre a dispoñibilidade e os custos dos servizos dos 
directorios de emisoras, póñase en contacto co seu fornecedor de servizos.
A radio FM utiliza unha antena distinta da antena sen fíos do dispositivo. Para que a radio 
FM funcione correctamente, cómpre dispoñer duns auriculares ou un accesorio compatibles 
conectado ao dispositivo.
Advertencia: Escoite música a un volume moderado. A exposición continua a 
niveis elevados de volume pode danar a súa capacidade auditiva. Non suxeite o 
dispositivo preto do seu oído co altofalante activado, xa que o son podería emitirse 
a un nivel de volume extremadamente elevado.
A radio admite a funcionalidade do Sistema de datos de radio (RDS). As emisoras 
de radio que admiten RDS poden amosar información, como o nome da emisora. 
Se se activa nos axustes, a función RDS tamén trata de buscar unha frecuencia 
alternativa para a emisora que se está a reproducir actualmente se a recepción é 
débil. Para establecer que o dispositivo busque automaticamente frecuencias 
alternativas, seleccione 
Opcións
>
Axustes
>
Frecuencias alternativas
>
Explor.
auto. activado
.