Escoitar música ou episodios de podcasts
1. Seleccione >
Música
>
Rep. música
.
29
M ú s i c a
2. Para actualizar a biblioteca de música no dispositivo, seleccione
Opcións
>
Actualizar biblioteca
.
3. Seleccione
Música
ou
Podcasts
, a categoría, como
Todas as cancións
ou
Podcasts
>
Todos os episodios
, e unha canción ou episodio de podcast que
desexe escoitar.
4. Para reproducir o ficheiro seleccionado, prema a tecla de desprazamento.
Para inserir unha pausa, prema a tecla de desprazamento; para retomar
a reprodución, prema a tecla de desprazamento de novo.
5. Para deter a reprodución, desprácese cara a abaixo.
Para realizar o avance rápido ou rebobinado, manteña premida a tecla de
desprazamento cara á dereita ou á esquerda.
Para saltar á seguinte canción, desprácese á dereita. Para volver ao principio da
canción ou podcast, desprácese á esquerda.
Para saltar á canción ou podcast anterior, desprácese á esquerda antes de que
transcorran 2 segundos dende o inicio da canción ou podcast.
Para axustar o volume, utilice a tecla de volume.
Para volver ao modo en espera e manter o reprodutor en segundo plano, prema a
tecla Fin. Dependendo do tema en espera seleccionado, amósase a canción que se
está a reproducir nese momento. Para volver ao reprodutor de música, seleccione
a canción que se está a reproducir.