■ Entrada de texto preditivo e tradicional
Cando se escribe texto, o símbolo
na pantalla indica que se está a utilizar a
entrada de texto preditivo e o símbolo
, que se está a utilizar a entrada de
texto tradicional. Para activar ou desactivar a entrada de texto preditivo, prema #
repetidamente ou prema * e seleccione
Activar texto preditivo
ou
Texto preditivo
>
Desactivado
.
,
, Os indicadores
ou
situados xunto ao indicador de entrada
de texto indican se se están a utilizar as maiúsculas ou minúsculas ou o modo
numérico. Para cambiar entre maiúsculas ou minúsculas, ou para cambiar entre o
modo de letras ou numérico, prema # repetidamente.
Para cambiar o idioma da escrita no dispositivo, seleccione
>
Axustes
>
Axustes
>
Xeral
>
Personalización
>
Idioma
>
Idioma de escritura
. O idioma da
escrita afecta aos caracteres dispoñibles cando se escribe texto e se utiliza o
dicionario de texto preditivo. Nas teclas numéricas non se amosan impresos todos
os caracteres dispoñibles nelas.
Escrita mediante a entrada de texto tradicional
Prema unha tecla numérica, do 2 ao 9 varias veces ata que apareza o carácter
desexado. Prema a tecla 1 para obter as marcas de puntuación máis comúns e os
caracteres especiais.
Se a seguinte letra que desexa se atopa na mesma tecla que a presente, agarde ata
que apareza o cursor (ou desprácese cara a adiante para finalizar o período de
tempo de espera) e insira a letra.
Escrita mediante a entrada de texto preditivo
1. Prema unha tecla numérica, 2–9, só unha vez para cada letra. A palabra
cambia despois de cada pulsación. Para inserir as marcas de puntuación máis
comúns, prema 1.
38
M e n s a x e r í a
2. Cando se complete a palabra e esta sexa a correcta, desprácese cara a adiante
ou insira un espazo para confirmala.
Se a palabra non é correcta, prema * varias veces para ver unha por unha as
palabras correspondentes que o dicionario atopou.
Se o carácter ? se amosa despois da palabra, significa que a palabra que busca
non está no dicionario. Para engadir unha palabra ao dicionario, seleccione
Escribir
. Insira a palabra, ata 32 letras, e seleccione
Aceptar
. A palabra
engádese ao dicionario. Cando o dicionario está cheo, as palabras novas
substitúen ás palabras máis antigas.
Funcións comúns nas entradas de texto preditivo e tradicional
Para inserir un número, manteña premida unha tecla numérica.
Para inserir marcas de puntuación e caracteres especiais, manteña premida a tecla
*.
Para borrar un carácter, prema a tecla Borrar. Para borrar máis caracteres,
manteña premida a tecla Borrar.
Para inserir un espazo, prema 0. Para mover o cursor á seguinte liña, prema 0 tres
veces.