■ Escribir e enviar mensaxes
O dispositivo admite o envío de mensaxes de texto se sobrepasan o límite de caracteres
dunha mensaxe individual. As mensaxes que superan ese límite envíanse como unha serie de
dúas ou máis mensaxes. O seu fornecedor de servizos aplicará unha tarifa correspondente ao
número de mensaxes enviadas. Os caracteres con acentos e outros signos de puntuación,
e os caracteres correspondentes a determinados idiomas ocupan máis espazo e limitan o
número de caracteres que é posible enviar nunha mensaxe.
É posible que a rede sen fíos limite o tamaño das mensaxes MMS. Se a imaxe inserida supera
este límite, é posible que o dispositivo reduza o seu tamaño para poder enviala mediante
unha MMS.
Só os dispositivos que dispoñen de funcións compatibles poden recibir e visualizar mensaxes
multimedia. É posible que a aparencia das mensaxes varíe en función do dispositivo de
recepción.
1. Seleccione >
Mensaxería
>
Nova mensaxe
e o tipo de mensaxe. Para crear
unha mensaxe de texto ou unha mensaxe multimedia, seleccione
Mensaxe
.
O tipo de mensaxe cambia automaticamente dependendo do contido.
2. No campo
Para
, insira os números de teléfono ou enderezos de -correo
electrónico dos destinatarios ou, para seleccionalos en Contactos, prema a
tecla de desprazamento. Separe os destinatarios cun punto e coma (;).
3. Para inserir o asunto dunha mensaxe multimedia ou dunha mensaxe de
-correo electrónico, desprácese cara a abaixo no campo
Asunto
. Se o campo do
asunto non está visible para unha mensaxe multimedia, seleccione
Opcións
>
Campos de enderezo
, marque
Asunto
e seleccione
Aceptar
.
4. Desprácese cara a abaixo ata o campo da mensaxe e insira o seu contido.
Cando escribe unha mensaxe de texto, o indicador de lonxitude da mensaxe
indica cantos caracteres pode inserir nela. Por exemplo, 10 (2) significa que
aínda pode engadir 10 caracteres para o texto que vai enviar como unha serie
de dúas mensaxes de texto.
Para inserir un obxecto, como unha imaxe, videoclip, nota ou tarxeta de visita,
nunha mensaxe multimedia ou de correo electrónico, prema a tecla de
desprazamento e seleccione
Inserir contidos
.
Para gravar un clip de son novo para unha mensaxe de audio, seleccione
Gravar
. Para utilizar un clip de son gravado con anterioridade, seleccione
Opcións
>
Inserir clip de son
>
Da Galería
.
5. Para enviar a mensaxe, seleccione
Opcións
>
Enviar
.
40
M e n s a x e r í a