■ Mail for Exchange
Con Mail for Exchange, pode acceder ao correo electrónico, ao calendario, aos 
contactos (axenda) e tarefas da súa conta de Microsoft® Exchange no seu 
dispositivo móbil. É posible manter as entradas do seu dispositivo móbil 
sincronizadas coas entradas da súa conta Exchange.
Necesita unha conta de correo electrónico de Exchange e o administrador de 
Exchange debeu activar a súa conta para obter a sincronización. Póñase en 
contacto co seu administrador ou fornecedor da conta de correo electrónico para 
obter máis detalles.
Tamén pode instalar a aplicación de directorios da empresa independente en lugar 
de Mail for Exchange. Co directorio da empresa, pode buscar contactos dentro do 
directorio da empresa. Inclúese a mesma función de busca en Mail for Exchange. 
Non pode enviar correo electrónico de Mail for Exchange co directorio da empresa 
independente.