
Actualizacións de software
É posible que Nokia produza actualizacións de software que ofrezan funcións novas,
melloradas, ou con un funcionamento mellorado. É posible solicitar estas actualizacións
mediante a aplicación de ordenador Nokia Software Updater. Para actualizar o software do
dispositivo, cómpre posuír a aplicación Nokia Software Updater e un PC compatible con
Microsoft Windows 2000, XP ou Vista, acceso de banda ancha á Internet e un cable de datos
compatible para conectar o dispositivo ao PC.
Para obter máis información e descargar a aplicación Nokia Software Updater, visite a
páxina web www.nokia.com/softwareupdate ou o sitio web local de Nokia.
Se a súa rede admite a transmisión de actualizacións de software, tamén poderá solicitar
actualizacións mediante o dispositivo. Consulte “Actualizar software” páxina 70.

9
I n t r o d u c i ó n
A descarga de actualizacións de software pode implicar a transmisión de grandes cantidades
de datos a través da rede do seu fornecedor de servizos. Póñase en contacto co seu
fornecedor de servizos para obter información acerca das tarifas de transmisión de datos.
Asegúrese de que a batería do dispositivo dispoña de carga suficiente ou conecte o cargador
antes de iniciar a actualización.