SEGURIDADE
Lea estas sinxelas instrucións. Non respectalas pode resultar perigoso ou ilegal. Lea a guía de 
usuario completa para obter máis información.
ACENDA O PRODUTO DE XEITO SEGURO
Non acenda o dispositivo en zonas onde o uso de teléfonos sen fíos estea 
prohibido ou cando poida provocar interferencias ou resulte perigoso.
A SEGURIDADE VIAL É O PRIMEIRO
Respecte a lexislación local. Manteña sempre as mans libres para controlar o 
vehículo durante a condución. A súa principal prioridade durante a condución 
deberá ser a seguridade vial.
INTERFERENCIAS
Todos os dispositivos sen fíos son susceptibles de recibir interferencias, o que 
pode afectar ao seu rendemento.
APAGUE O PRODUTO EN ZONAS NAS QUE O SEU USO ESTEA RESTRINXIDO
Respecte as restricións. Apague o dispositivo nos avións, preto de equipos 
médicos, combustibles, produtos químicos ou zonas volátiles.
ASISTENCIA TÉCNICA CUALIFICADA
O produto só poderá ser instalado ou reparado por persoal cualificado.
ACCESORIOS E BATERÍAS
Utilice únicamente accesorios e baterías autorizados. Non conecte produtos non 
compatibles.
RESISTENCIA Á AUGA
O dispositivo non é resistente á auga. Mantéñao seco.
■ Verbo do dispositivo
A utilización do dispositivo sen fíos descrito nesta guía está aprobada en GSM 850, 900, 
1800 e 1900 e nas redes UMTS 900 e 2100. Póñase en contacto co seu fornecedor de 
servizos para obter máis información acerca das redes.
Cando utilice as funcións deste dispositivo, respecte a lexislación e os costumes locais, a 
intimidade e os dereitos lexítimos das demais persoas, incluídos os dereitos de autor.
É posible que as leis de protección dos dereitos de autor non autoricen a copia, modificación 
ou transferencia dalgunhas imaxes, música e demais contido.
dispositivo admite diversos métodos de conectividade. Do mesmo xeito que os ordenadores, 
é posible que o dispositivo estea exposto a virus e demais contido daniño. Teña precaución 
coas mensaxes, solicitudes de conexión, buscas e descargas. Unicamente instale e utilice 
servizos e software obtidos de fontes fiables que ofrezan seguridade e protección axeitada 
contra software daniño, como aplicacións que pasasen o proceso de certificación Symbian 
7
S E G U R I D A D E
Signed ou Java Verified™. Considere a posibilidade de instalar programas antivirus e demais 
software de seguridade no dispositivo e nos ordenadores conectados.
É posible que o dispositivo dispoña de favoritos e ligazóns de sitios web de terceiras partes 
preinstalados. Tamén é posible acceder a outros sitios web de terceiras partes mediante o 
dispositivo. Os sitios web de terceiras partes non teñen ningún tipo de relación con Nokia, 
polo que Nokia non asumirá ningunha responsabilidade correspondente a eles. Se decide 
acceder aos sitios mencionados, deberá tomar precaucións relacionadas coa seguridade ou 
cos contidos.
Advertencia: Para utilizar as funcións deste dispositivo, a excepción do espertador, 
é necesario que se atope acendido. Non acenda o dispositivo en lugares nos que 
poida provocar interferencias ou poida supoñer un perigo.
As aplicacións de Office admiten as funcións comúns de Microsoft Word, PowerPoint e Excel 
(Microsoft Office 2000, XP e 2003). Non é posible visualizar nin modificar todos os formatos 
de ficheiro.
Efectúe copias de seguridade ou manteña rexistros escritos da información importante 
almacenada no dispositivo.
Durante o funcionamento continuado, como unha chamada de vídeo activa e nunha 
conexión de datos de alta velocidade, é posible que o dispositivo aumente de temperatura. 
Na maioría de casos, trátase de algo normal. Se sospeita que o dispositivo non funciona 
correctamente, envíeo ao centro de servizo técnico autorizado máis próximo.
Antes de efectuar a conexión a calquera outro dispositivo, lea a guía de usuario para obter 
instrucións detalladas de seguridade. Non conecte produtos non compatibles.
■ Servizos de rede
Para utilizar o teléfono, cómpre dispoñer dos servizos dun fornecedor de servizos 
inalámbricos. Moitas das funcións do produto requiren dispoñer de funcións especiais de 
rede. Estas funcións non se atopan dispoñibles en todas as redes; é posible que para poder 
utilizar os servizos de rede noutras redes sexa necesario establecer acordos específicos co 
seu fornecedor de servizos. Este pode facilitarlle instrucións e explicarlle os importes que lle 
serán cargados polo servizo. É posible que algunhas redes teñan limitacións que afecten ao 
modo en que pode utilizar os servizos de rede. Por exemplo, é posible que algunhas redes non 
admitan todos os caracteres e servizos dependentes dos idiomas.
É posible que o seu fornecedor de servizos ordenase a desactivación ou non activación de 
determinadas funcións no dispositivo. En tal caso, as mencionadas funcións non aparecerán 
no menú do dispositivo. Tamén é posible que o dispositivo dispoña dunha configuración 
especial, como cambios nos nomes ou na orde dos menús, ou nas iconas. Póñase en contacto 
so seu fornecedor de servizos para obter máis información. 
O dispositivo é compatible cos protocolos WAP 2.0 (HTTP e SSL) que se executan nos 
protocolos TCP/IP. Algunhas funcións deste dispositivo, como a navegación web, o correo 
electrónico, o servizo “premer para falar” e a mensaxería multimedia, requiren soporte de 
rede para estas tecnoloxías.
8
A s i s t e n c i a t é c n i c a
■ Extracción da batería
Apague sempre o dispositivo e desconecte o cargador antes de extraer a batería.